Castro del Río, Plácido Ramón
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949), escrito en colaboración con Luís Tobío e F. M. Delgado Gurriarán, ademais de múltiples traducións en publicacións galegas e hispanoamericanas, entre as que destacan As Rubáyiát (1965), de Omar Khayyám, a través da versión inglesa de Edward Fitzgerald.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Corcubión -
Deceso