"Casuarina" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores ou arbustos, da familia das casuarináceas, endémicos do sueste asiático, de Australia e das illas do Pacífico sudoccidental. Este xénero, que comprende unhas 50 especies, é propio de medios áridos e presenta as follas reducidas como se fosen pequenas escamas que se dispoñen en verticilos sobre as pólas; estas son verdes, articuladas e estriadas, e teñen capacidade fotosintética. Son plantas monoicas ou dioicas, con flores unisexuais e polinización anemófila, con froito en sámara. En Galicia está presente como ornamental a especie C. equisetifolia en xardíns e alamedas.
-
-
Relativo ou pertencente ás casuarináceas.
-
Vexetal leñoso da familia das casuarináceas.
-
Familia de árbores e arbustos da orde das casuarinais que ten como único xénero a Casuarina.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás casuarinais.
-
Árbore ou arbusto pertencente á orde das casuarinais.
-
Orde de plantas pertencente á subclase das magnólidas que ten como única familia a das casuarináceas.
-