Caernarfon

Caernarfon

Capital do condado de Gwynedd, en Gales, Reino Unido, á beira da baía de Caernarfon (9.506 h [1981]). Consérvase o castelo que mandou construír Eduardo I de Inglaterra despois da conquista do país; nel naceu o seu fillo Eduardo, primeiro príncipe non independente de Gales.