"Caucasia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • REXIÓNS

    Rexión que se estende entre o Mar Negro e o Mar Caspio. Ten como límite setentrional as concas do río Kuban’ e Terek, e como límite meridional a meseta de Anatolia e Irán. Constitúe o núcleo central da cordilleira do Gran Cáucaso, que divide a rexión en dúas grandes áreas: a Ciscaucasia no N e a Transcaucasia no S. Entre os recursos económicos máis importantes destacan a agricultura, especialmente no val do Kuban’, e a gandería. Tamén é importante o cultivo de algodón, especialmente no val do Kura (Kür), e os cultivos mediterráneos. A pesca está ben organizada, fundamentalmente na beira do Mar Caspio. Os recursos mineiros e as explotacións petrolíferas son abundantes. Administrativamente comprende Xeorxia, Acerbaixán, Armenia e as seguintes divisións administrativas da República de Rusia: República de Daguestán, República da Ossetia Setentrional, República dos Chechenos e dos Inguxos (Čečnja-Ingušetija), República dos Kabardinos e dos Balkares (Kabardino-Balkarija), Républica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Caucasia ou ao Cáucaso, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Caucasia ou do Cáucaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a parte da Caucasia situada ao N do Gran Cáucaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte meridional de Caucasia situada ao S do Gran Cáucaso e que comprende as repúblicas de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

    VER O DETALLE DO TERMO