"Cavado" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • RIOS

    Río da Península Ibérica, situado ao N de Portugal, preto de Braga. Nace na serra da Cabreira e desemboca no Océano Atlántico en Esposende, logo dun percorrido de 110 km (12 son navegables para pequenas embarcacións). O afluente máis importante é o río Homen, que nace na serra do Gerês.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza formado por unha pa de ferro, máis longa ca a da aixada, colocada de forma perpendicular con respecto ao mango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza constituído por unha peza metálica con dúas pugas e unida a un mango, utilizado especialmente para sachar a terra e remexer o esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cava.

    2. Persoa que cava ou que ten por oficio cavar a terra.

    3. Máquina para traballar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escavar.

    2. Ornamentación e técnica característica do esmalte que obtén a superficie que se quere esmaltar mediante o baleirado do metal a través de medios químicos ou cun buril e que, trala fusión, ten que se pulir co esmeril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen escava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada na escavación de terreos para remover grandes cantidades de terra. Consta basicamente dun chasis montado sobre rodas ou eirugas e provisto dunha pa, unha culler ou unha roda de alcatruces. O elemento de escavación vai montado sobre a pluma e móvese mediante cables ou por un circuíto oleohidráulico. Os tipos máis correntes son: a escavadora de culler frontal, empregada sobre todo na escavación de terreos non rochosos e para noiros verticais; a escavadora de culler retroactiva, tamén coñecida como retroescavadora, en que a culler fai o esforzo de escavación en sentido cara á máquina e traballa por debaixo do nivel desta, que se emprega en gabias e cimentos, e a escavadora bivalva, utilizada en terreos brandos, en gabias estreitas e profundas, cando hai moita diferenza de cota entre o nivel de escavación e o de descarga. Outro tipo de escavadoras son as dragalinas. Nas escavacións en terreos moi disgregados ou baixo a auga empréganse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavadora de culler retráctil que se utiliza para abrir gabias e facer escavacións a certa profundidade por baixo do nivel do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO