"Cerda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • PERSOEIRO

    Político chileno. Uniuse ao Partido Radical, do que foi presidente. Deputado (1915-1921), senador (1921-1924) e ministro en diversas ocasións. Foi un dos líderes da oposición á ditadura do Xeneral Ibáñez. No ano 1938, chegou á presidencia do Estado como candidato da Fronte Popular, impulsando un programa de reformas sociais. Foi reelixido pola Fronte Popular no ano 1941.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado na comarca pirenaica da Cerdanya, no curso alto do Segre (1.535 h [1996]). A súa situación montañosa e a diversidade litolóxica provocan unha gran variedade na vexetación (carballos, faias, carrascos ou salgueiros). A paisaxe, atractivo turístico, constitúe o seu principal recurso económico. Ao abeiro desta actividade dinamizouse o comercio e a construción, favorecida pola mellora nas comunicacións trala apertura do túnel de El Cadí (1984). Teñen sona os seus embutidos artesanais. O Rei Xaime I mandouna fortificar e levar por alí o camiño da Seu d’Urgell a Puigcerdà, outorgándolle privilexios e franquicias. As guerras franco-españolas supuxeron a ocupación francesa en varios períodos dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Coñécese como o pai da chamada escola valenciana e introdutor das formas pop na ilustración infantil e xuvenil. Cultivou o deseño gráfico, o cartelismo e a publicidade. Gañou, entre outros, o Premio Nacional de Ilustración en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe castelá descendente do infante Fernando de la Cerda, fillo primoxénito do Rei Afonso X o Sabio. A orixe deste apelido está no alcume (El de la Cerda) que se lle aplicou ao infante por ter o pelo longo no peito. Esta caste enlazou dende moi cedo coa máis alta nobreza española e francesa. Estendeuse por toda a Península e unha rama pasou a Chile. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro (armas de Castela), partido de campo de prata, cun león rampante de goles, coroado de ouro (armas de León); segundo e terceiro cuartel, en campo de azul sementado de flores de lis de ouro (armas antigas de Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre castelá descendente do infante Fernando de Castela, fillo primoxénito de Afonso X, coñecido polo alcume de El de la Cerda (morto en 1275). Os fillos Afonso e Fernando, herdeiros do monarca castelá, foron coñecidos como os infantes de la Cerda e perderon os dereitos sucesorios en favor do seu tío Sancho IV. Refuxiáronse nos dominios de Pedro II de Aragón no 1277 e, posteriormente, iniciaron unha loita pola sucesión á coroa castelá, a guerra dos Infantes de la Cerda, na que tentaron recuperar os seus dereitos. Esta liñaxe acabou coa filla de Luís de la Cerda, Isabel. O seu fillo Gastón de la Cerda (morto no 1404), segundo conde de Medinaceli, iniciou a segunda familia dos Cerda que tivo diferentes ramas: a dos duques de Medinaceli (extinguida en 1711), a dos condes de Paredes de Nava (extinguida no 1811), a dos marqueses de La Adrada (extinguida no 1731), a dos marqueses de La Rosa (extinguida no 1828) e a dos condes e duques de Parcent (a rama primoxénita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Entre 1883 e 1884 estudiou en Madrid e entre 1885 e 1886 en Roma. Foi profesor e director da Escola d’Arts i Oficis e director do Museu de Belles Arts de Palma de Mallorca. Formado dentro do realismo idealizante da pintura mallorquina do s XIX, recibiu en Roma a influencia da pintura histórica. Evolucionou cara a un impresionismo colorista de fondo académico. Recibiu diversos galardóns nas exposicións xerais de Belas Artes de Madrid dos anos 1906 e 1908, e na exposición internacional de Belas Artes de Barcelona de 1907. Foi académico correspondente da Real Academia de San Fernando (Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arpista. Coñecida artisticamente como Esmeralda Cervantes, estudiou en Barcelona, París e Viena. Realizou unha brillante carreira como concertista por Europa e América do Sur. Fundou en Barcelona unha Academia de Ciencias, Artes e Oficios (1885-1887) dedicada á formación da muller. É autora da obra Historia del arpa (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro, urbanista e político. Cursou os seus primeiros estudios no seminario de Vic, onde se trasladara a súa familia, de tradición liberal, ao producirse o alzamento dos Malcontents en 1827. Ampliou estudios de matemáticas e de arquitectura en Barcelona e en 1835 trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1841. Como enxeñeiro do Estado foi destinado a Teruel, Tarragona, Girona e Barcelona, cidade na que se estableceu en 1849. Interesado no estudo do urbanismo, relacionouse cos ambientes progresistas e revolucionarios de Barcelona, influídos polas doutrinas do socialismo utópico, especialmente as de Cabet. Foi amigo de Narcís Monturiol e Ramón Martí i Alsina. Centrou os seus estudios sobre os problemas da reforma e ensanche de Barcelona, no momento en que se produciu o derrubamento das súas murallas. Afiliado ao partido progresista, foi deputado en Cortes en 1850 e durante o Bienio Progresista, comandou o batallón de zapadores da milicia nacional; foi síndico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1680-1686) e conde de Paredes. Durante a súa administración colonial favoreceu a instalación de novos poboadores na vila de Santa Fe de Nuevo México, coa concesión do título de cidade e co patrocinio da expedición a California de Isidro de Atondo. Cando volveu á Península incorporouse ao Consello de Indias e foi mordomo da raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecenas e muller do VII conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro e Portugal. En 1621 fundou o convento de San Xacinto de Monforte de Lemos e en 1622 o de Santa Clara de Monforte, onde ingresou como Catarina da Concepción, logo de enviuvar. Deixou en testamento 500 ducados para a creación dunha cátedra de Teoloxía no convento de San Xacinto e 300 ducados para a cátedra de Artes no de San Francisco, en Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano nominal das Islas Canarias (1344). Serviu a Afonso XI en Xibraltar (1333) e participou en numerosas empresas militares, polas que foi nomeado conde de Talmond (1339) e almirante de Francia (1341). No 1344 recibiu do Papa Clemente VI, en Aviñón, o título de príncipe da Fortuna ou das Illas Afortunadas (Canarias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da provincia de Girona, Catalunya, no curso alto do río Segre. Situada nunha chaira de orixe tectónica, entre os Pireneos Orientais e o Prepireneo. Debido á súa altitude (Carlit 2.991 m) posúe un clima de montaña con temperaturas extremas en inverno e frescas en verán, e con precipitacións que alcanzan os 500 mm anuais. O poboamento caracterízase por estar organizado en pequenos núcleos rurais. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando lanar. A cabeceira comarcal é Puigcerdà (6.356 h [1996]). Como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659), a comarca quedou dividida entre os estados español e francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e filósofo. Foi auditor do Tribunal de la Rota e capelán de honra do rei. Escribiu El Templo del Pilar. Visicitudes por que ha pasado hasta nuestros días (1872), Vida de San Isidro Labrador patrón de la Villa y Corte de Madrid (1891) e Biografía de Su Santidad el Papa León XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (7.020 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de regadío, na gandaría bovina e porcina, e na industria dos sectores alimentario, da madeira, do metal, da construción e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO