"Cerdeda" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
GALICIA
Bióloga. Profesora titular de bioloxía vexetal na facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, dedicouse principalmente á investigación e á divulgación dos fungos e plantas de Galicia. Destacan, entre os seus artigos científicos, “Nueva especie del género Amanita: A. porrinensis” (1987) e “Gyroporus ammophilus, a new poisonous bolete from the Iberian Peninsula” (Gyroporus ammophilus, unha nova especie de fungo velenoso da Península Ibérica, 1995). Participou como investigadora na obra colectiva Flora Micológica Ibérica, e participou no comité científico do Boletín de la Sociedad Micológica de Madrid (1992-1997) e da revista Mikes a partir do 1998. Publicou tamén numerosas guías de campo como a Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia (1982), a Guía das árbores de Galicia (1989), a Guía das setas ou cogumelos de Galicia (1990) e a Guía de las setas más comunes de Galicia (1994). Presidenta do Grupo Micolóxico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída contra o 1170 en estilo románico, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, a rosca menor apóiase nun par de columnas entregadas con bases áticas e capiteis con decoración vexetal e figurada: na esquerda asoma unha figura antropomorfa de entre follas, no lado S aparecen dúas aves enfrontadas picando nun obxecto situado no medio delas e en cada cara lateral está representado un cuadrúpede. O arco maior ten molduras con boceis e medias canas e cínguese por unha chambrana de billetes. No exterior destaca a colección de canzorros que sosteñen o beiril, especialmente os do muro N da nave, con figuras humanas e animais. No interior consérvanse tamén dúas pías bautismais antigas.
VER O DETALLE DO TERMO