"Cerignola" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Foggia, na Puglia, Italia (56.152 h [1997]). É un importante centro agrícola, produtor de viño e aceite, ademais de núcleo industrial de cemento e de maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate ocorrido en Cerignola o 28 de abril de 1503, decisivo na guerra entre Luís XII de Francia e Fernando o Católico polo reparto do reino napolitano. O exército aragonés, comandado por Gonzalo Fernández de Córdoba, derrotou as tropas do duque de Nemours e rematou o asedio. Este feito, xunto coa vitoria de Seminara, determinou a caída de Nápoles.