Cerignola, Batalla de
Cerignola, Batalla de
Combate ocorrido en Cerignola o 28 de abril de 1503, decisivo na guerra entre Luís XII de Francia e Fernando o Católico polo reparto do reino napolitano. O exército aragonés, comandado por Gonzalo Fernández de Córdoba, derrotou as tropas do duque de Nemours e rematou o asedio. Este feito, xunto coa vitoria de Seminara, determinou a caída de Nápoles.