cerimetría
(
Procedemento volumétrico de análise de substancias redutoras, baseado no uso dunha solución patrón dun sal de cerio cuadrivalente como axente valorante oxidante. O ión cerio(IV) é un oxidante forte en medio ácido segundo a semiecuación Ce4+e- → Ce3. Xeralmente, en volumetría úsanse, debido á súa estabilidade, as solucións de sulfato de cerio(IV) en ácido sulfúrico 1 M, como valorantes e como indicadores a ferroína, ou o ácido N-fenilantranílico (ambos os dous compostos de Fe(II)). Como o cerio(IV) é un oxidante de forza análoga ao permanganato, a cerimetría ten aplicacións semellantes á permanganimetría, aínda que o uso do cerio(IV) presenta diversas vantaxes: dá un só produto de redución, o ión Ce(III), de xeito que a estequiometría do proceso volumétrico é sempre simple e definida; permite preparar solucións estables no tempo e resistentes á luz, e pode empregarse en presenza de concentracións altas de ión cloruro.