cerimonioso -sa

cerimonioso -sa

(< lat cerimoniosu ‘referente ás cerimoniasrelixiosas’)

  1. adx

    Que se realiza con moita cerimonia.

    Ex: Foi unha festa moi divertida e ó mesmo tempo cerimoniosa.

    Sinónimos: solemne.
  2. adx

    Que cumpre escrupulosamente as cerimonias.

    Ex: Na embaixada unicamente houbo un acto cerimonioso e protocolario.

  3. adx

    Que lle gusta tratar ou ser tratada con grandes cumprimentos.

    Ex: É un home moi cerimonioso, daría un bo diplomático.

Palabras veciñas

cerimetría | cerimonia | cerimonial | cerimonioso -sa | cerina | cerio | Cerisoles, Batalla de