cerio
(< antropónimo Ceres, deusaromana)
-
s
m
[QUÍM]
Elemento metálico pertencente á serie dos lantánidos, de número atómico 58 e peso atómico 140,12. Ten números de oxidación +3 e +4 e é facilmente inflamable ao aire libre. Os minerais máis importantes que o conteñen son a cerita, a ortita, a gadolinita e a monacita. A extracción e a separación do cerio dos outros lantánidos faise utilizando resinas intercambiadoras de ións. Industrialmente, prepárase, cun grao de pureza do 98-99%, por electrólise do cloruro fundido; sen embargo, esta operación efectúase adoito a partir da mestura dos cloruros que proceden do tratamento da monacita, que dan lugar á aliaxe denominada mischmetall, con cerio (52%), lantano (25%), neodimio (18%) e outros metais. O ferrocerio (aliaxe composta por un 30% de ferro e un 70% de mischmetall), engadido en proporcións moi reducidas (inferiores ao 5%), outorga resistencia mecánica e térmica, e protección contra a oxidación a aliaxes de uso industrial de composicións moi diversas. Algúns compostos de cerio empréganse, malia o seu elevado prezo, na industria cerámica para aumentar a opacidade de certos esmaltes e vidros. O óxido de cerio utilízase tamén na fabricación das camisas das luces de gas.
-
dióxido de cerio
[QUÍM]
Pos pesados de cor branca obtidos por ignición de sales de cerio en presenza de aire, que se emprega en recubrimentos de filtros infravermellos para impedir a reflexión.
-
sulfato de cerio(IV)
[QUÍM]
Pos cristalinos obtidos en forma de tetrahidrato por quentamento de óxido de cerio(IV) disolto en ácido sulfúrico concentrado. Pasan a anhídrido ao redor dos 180-200°C, e descompóñense a 350°C. Emprégase como axente oxidante, especialmente en cerimetría.