"Cernadas" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Apelido de orixe toponímica. Procede do sintagma latino *(terras) cineratas ‘terras queimadas’. Documéntase no s XVIII: “Bernardo Cernadas” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 91).
-
Liñaxe que tomou o seu nome dun dos moitos topónimos homónimos. As súas armas levan o escudo cortado: primeira partición, en campo de goles, cun brazo armado de prata, movente do franco sinistro, cunha espada denuda na man; segunda partición, en campo de azul, cunha peneira de prata.
-
-
GALICIA
Sacerdote e poeta. Coñecido como Cura de Fruíme, a súa obra en galego caracterízase pola reivindicación da identidade galega fronte ao menosprezo común na época. Cultivou a poesía de circunstancias e de corte epigramático en galego e castelán. Adscrito ao neoclasicismo, ten unha certa influencia prerromántica. En vida publicou, entre outras obras, Padrón festivo del Carmen empadronado en la Ilustre Villa de Iria Flavia [...] (1752), Vindicias históricas por el honor de Galicia (1760), Funeral ofrenda en las exequias de Feijóo (1765), Apelación de una sentenza poco piadosa [...] (1766) e El No lo entiendo del Cura de Fruíme [...] (1769). A maior parte da súa produción apareceu postumamente baixo o título Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme (1778-1781), no que se inclúen varios entremeses compostos co gallo das festas da súa parroquia, que incorporan a lingua galega para caracterizar algúns personaxes, entre eles Loa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.
VER O DETALLE DO TERMO