"Cervera" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de la Segarra, na provincia de Lleida, Catalu-nya, drenado polo río Cervera (7.153 h [1996]). A base da súa economía é a industria (mobles, materiais para a construción e téxtiles). Na agricultura destacan os cultivos de cereais e árbores froiteiras. Conserva a igrexa románica de Sant Pere el Gros do s XIII e a igrexa parroquial gótica de Santa María do s XIV. A praza maior é porticada e a casa do concello, obra de Francisco Puig, é barroca do s XVIII. En 1717 fundouse a Universidade, que substituíu as existentes antes da instauración do réxime borbónico en Catalunya, nun edificio dos ss XVIII e XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no alto val do río Pisuerga (2.796 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (hortalizas e froiteiras) e a gandería. Hai diversos encoros con centrais eléctricas e son importantes os xacementos de cobre e carbón. Na igrexa gótica de Santa María del Castillo destaca a capela de Santa Ana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado no alto val do río Alhama (3.381 h [1996]). A agricultura (viña, oliveira e árbores froiteiras) e a gandería ovina son as principais actividades económicas. Ten gran tradición a fabricación de alpargatas. Na vila destacan o castelo da época musulmá que contén restos romanos, as igrexas góticas de San Gil e de Santa Ana e as casas de estilo mudéxar dos ss XVI e XVII. Preto da vila consérvanse as ruínas do poboado celtibero de Contrebia Leucade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Discípula de Massiá e de Enesco, foi solista e fundadora do conxunto romano I Musici (1952). Realizou numerosas actuacións por Europa, África e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista ilustrado. Logo de estudar gramática no colexio dos xesuítas de Santiago de Compostela, doutorouse en Cánones e foi catedrático de Prima. Escribiu un tratado de dereito titulado Collectio setentiarum. Libri primi. Decretalium juxta ordinem capitulorum digesta (1778).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi ministro de Mariña en 1892. Cando se desencadenou o conflito cos EE UU en 1898 estivo ao mando da escuadra do Atlántico, que foi derrotada pola flota comandada polo almirante Sampson. Ao seu regreso, ocupou a capitanía xeneral de Ferrol (1906). En 1899 publicou unha Colección de documentos referentes a la escuadra de operaciones en las Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro e xornalista. Fundou con Pi i Margall en Madrid en 1846 a Escuela del Trabajador e o xornal El Trabajador (1851), destinado a fomentar a creación de sociedades obreiras. En 1849 participou na fundación do partido demócrata, no que militou na facción socialista. Editou, con Fernando Garrido, La Hoja de las Barricadas e fundou o diario La Voz del Pueblo (1855). Na clandestinidade animou, xunto con Ceferí Tresserres, a sociedade secreta El Falansterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na illa de Mallorca, Illes Balears (9.432 h [2001]). O desenvolvemento turístico fixo da costa un dos máis importantes centros turísticos de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO