Exaculum

Exaculum
[PLANTA]

Xénero de herbáceas anuais e glabras, da familia das xentianáceas, de ata 12 cm de alto, talo ramificado e follas lineares de entre 2 e 12 mm, dispostas as basais nunha mouta e, as que presenta no talo, opostas. As flores aparecen de xeito solitario, teñen un cáliz profundamente dividido en segmentos lineares e unha corola 3 e 6 mm de longo con 4 lóbulos curtos patentes de cor amarela ou rosácea. Os froitos son cápsulas fusiformes de 5 mm. En Galicia está presente a especie E. pusillum, en pradeiras húmidas e areosas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exaculación | exaculador -ra | exacular | Exaculum | exaflops* | exaltación | exaltado -da