exaltado -da
(< exaltar)
-
p reg
de exaltar ou exaltarse.
-
adx e s
Que ou quen se exalta con facilidade.
Ex: Os seareiros exaltados séntanse nesa bancada.
-
adx
Que implica ou denota exaltación.
Ex: Non aturaba o seu exaltado patriotismo.
-
s
m pl
[HIST]
Liberais máis radicais do primeiro terzo do s XIX. Durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foron antiaristocráticos, demócratas e intransixentes cos moderados e tiveron unha gran forza, entre outras cidades, en Madrid e Cádiz; constituíron numerosas sociedades secretas e clubs políticos. A súa chegada ao poder en xullo de 1822 acabou propiciando a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e a restauración do absolutismo na figura de Fernando VII. Unha vez restablecido o sistema absolutista, a maioría deles emigraron e foron o núcleo orixinal do Partido Progresista. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].