exaculador -ra
exaculador -ra
(< exacular)
-
adx
Relativo ou pertencente á exaculación.
-
adx
Que contribúe á exaculación.
-
adx e s
Que ou quen exacula.
-
conduto exaculador
[ANAT]
Cada un dos dous tubos duns 2 cm de lonxitude que van da vesícula seminal á uretra prostática. Transporta os espermatozoides, xunto coas secrecións das vesículas seminais, impelidos polas contraccións do conduto deferente correspondente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].