"Chain" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Umia pola esquerda. Nace da confluencia de tres regos, o Valiñas, o das Lamas e o Varosa, no límite entre as parroquias de Barro, Valiñas (concello de Barro) e Briallos (concello de Portas). O seu curso aproveita o fondo da Depresión Meridiana e adopta unha dirección S-N, coa que drena esta última parroquia e penetra no concello de Caldas de Reis pola parroquia de Arcos da Condesa. Ao chegar á parroquia de Santa María de Caldas de Reis vira cara ao NO, de xeito que ata a súa desembocadura marca a fronteira entre esta parroquia e a de Portas, do concello homónimo. O seu percorrido total, incluíndo as súas fontes, abrangue uns 16 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico alemán. Emigrado a Inglaterra nos comezos do nazismo (1933), traballou con H. Florey en Oxford no estudo das substancias antibacterianas de orixe orgánica. Publicou Penicillin as a Chemostherapeutic Agent (A penicilina como un axente químico-terapéutico, 1940), que foi o punto de partida da utilización terapéutica da penicilina. Recibiu, xunto con A. Fleming e H. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa de carácter pouco enérxico.
-
-
Deportista sen calidade.
-
Persoa que realiza o seu traballo sen arte nin calidade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia, na Rexión Central (2.470 km2; 348.333 h [estim 1993]). A capital é Chainat (15.581 h [1993]).
-
CONDADOS
Condado de Irlanda, Leinster (2.061 km2; 75.336 h [1996)]. A capital é Cill Chainningh (8.951 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quen emprega preferentemente a man esquerda.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Determinou a posición de numerosos planetas e estrelas, e estudiou as eclipses de Sol. En 1787 comprobou, xunto con Cassini e Legendre, a diferenza de lonxitudes dos observatorios de París e Greenwich. Entre 1792 e 1798 mediu, con Delambre, o arco de meridiano comprendido entre Dunquerke e Barcelona para establecer a lonxitude do metro patrón. Tentou aumentar a precisión das medidas prolongando o meridiano ata as Illes Balears, pero morreu mentres realizaba esta tarefa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Pexeiros (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.138 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO