"Chan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • lorcho transparente

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de achancar.

    2. Paso longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avanzar con pasos longos.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘concluír, finalizar, terminar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nivelar unha superficie irregular, un obxecto, unha cousa.

    2. Deixar ben liso un terreo.

    3. Retirar os atrancos que impiden ou dificultan a realización dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación comarcal aparecida a finais de 1991 ou principios de 1992 na vila de Chantada que incluía novas referidas ao propio concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aguantar algo que desagrada sen protestar ou sen mostrar oposición ningunha.

    2. Abandonar unha actitude arrogante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica belga. Influenciada por Godard, principiou a súa carreira no cinema experimental. Cabe destacar Je, tu, il, elle (Eu, ti, el, ela, 1974) e Nuit e jour (Noite e día, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro chanceler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de bearer channel (canle portadora), nome co que se designa un tipo de cable empregado nos servicios ISDN para levar ata 64 kbps de datos cando opera a plena capacidade. Está deseñado para transportar voz, datos ou vídeo sobre a Rede Dixital de Servicios Integrados (RDSI ou ISDN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de bearer channel (canle portadora), nome co que se designa un tipo de cable empregado nos servicios ISDN para levar ata 64 kbps de datos cando opera a plena capacidade. Está deseñado para transportar voz, datos ou vídeo sobre a Rede Dixital de Servicios Integrados (RDSI ou ISDN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e psicólogo. Entre 1910 e 1918 foi codirector do Journal of Educational Psychology, revista que contribuíu a introducir a psicoloxía aplicada nas escolas, e editor do Journal of National Education Association entre 1920 e 1925, e do School and Society entre 1939 e 1946. Foi presidente do Consello Nacional de Educación (1913-1937). Escribiu The educative process (O proceso educativo, 1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor naïf. Desenvolveu un estilo realista e unha temática mitolóxica e histórica. Expuxo por vez primeira no Salón Outono de París. A súa obra foi difundida polo crítico alemán Wilhelm Ühde e, entre outros, por Le Corbusier e os pintores puristas. Diaghilev encargoulle diversas decoracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • V B channel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político paquistaní formado nas universidades de Inglaterra e EEUU. En 1957 foi nomeado embaixador do seu país na ONU. Coa chegada ao poder de Ayyūb Khān (1958-1966), ocupou en 1958 o ministerio de Comercio e en 1963 o de Asuntos Exteriores. Dimitiu en 1966 pasando á oposición desde o Partido Popular de Paquistán, fundado por el mesmo en 1967. Tralo golpe de estado de Yahya Khān (1969), este nomeouno primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores en 1971 ata a caída do goberno militar en que pasou a asumir o poder ocupando os cargos de Presidente e primeiro ministro (1971-1973). Exerceu un goberno autoritario, de dureza contra os movementos sociais, evolucionando cara ao conservadurismo. Deposto polo exército tralo golpe de estado de 1977, posteriormente foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nacionalista indio. Membro da á esquerda do Indian National Congress, que presidiu dende 1938 a 1939. Dimitiu como consecuencia da súa oposición ás ideas de non-violencia de Gandhi. Encarcerado polos británicos en 1940, fuxiu a Alemaña. Coa axuda xaponesa fundou en Bangkok (1942) a liga pola independencia da India, e en Singapur (1943), un goberno da India libre. O motivo da súa morte non foi aclarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do eixe axial da serra do Barbanza, situado no límite entre as parroquias de Nebra (concello do Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 604 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO