Bagley, William Chandler

Bagley, William Chandler

Pedagogo e psicólogo. Entre 1910 e 1918 foi codirector do Journal of Educational Psychology, revista que contribuíu a introducir a psicoloxía aplicada nas escolas, e editor do Journal of National Education Association entre 1920 e 1925, e do School and Society entre 1939 e 1946. Foi presidente do Consello Nacional de Educación (1913-1937). Escribiu The educative process (O proceso educativo, 1905).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Detroit

  • Deceso

    Lugar : Nova York