"Chester" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • PERSOEIRO

    Teórico de organización de empresas. Publicou The Functions of the Executive (As funcións do executivo, 1938), obra clásica no eido da socioloxía de empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Preocupado pola reprodución de textos e debuxos, propuxo un sistema para conseguir copias en seco baseado nun procedemento electrostático: a xerografía. Obtivo a primeira patente en 1940 e a Haloid Co, que despois se converteu na Xerox Corporation, comercializouna en 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Cheshire, en Inglaterra, Reino Unido, situada no fondo do estuario do río Dee (58.436 h) [1981]. Correspóndese coa romana Deva. No 1070, despois dun longo sitio, a cidade rendeuse a Guillerme o Conquistador. É moi importante grazas ao seu porto, importancia que lle foi cedendo a Liverpool no transcurso do s XX. Conserva a súa muralla medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Derbyshire en Inglaterra, Reino Unido, situada ao N de Derby (100.673 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi crítico literario e con Heretics (1905) iniciou as obras de pensamento de tendencia católica. Escribiu obras históricas e sociolóxicas de sentido demócrata e anticapitalista. Destacou tamén como poeta e como novelista, entre outras obras con The Man who was Thursday (1908) e coas narracións policíacas do Padre Brown (1911-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de West Sussex, en Inglaterra, (24.189 h [1981]). Corresponde probablemente a un Regnum da época romana. Durante toda a Idade Media foi un importante centro comercial. O máis importante monumento é a catedral, de estilo románico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e aviador. En 1960 levou a termo en solitario a primeira travesía atlántica a vela (Plymouth - Nova York en 40 días). Tamén foi o primeiro en dar a volta ao mundo a vela en solitario (1966 -1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Essex, Inglaterra, situada na marxe dereita do río Stour (154.176 h [1986]). A cría de gando vacún, o cultivo de cereais e a produción de ostras son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor estadounidense. Formouse en Boston e Florencia. Destacou como autor de monumentos públicos. Foi autor, entre outros, de The Minute Man (1875) e da estatua sedente de Abraham Lincoln (1922), situada no Lincoln Memorial de Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Impresionado por un atraco, comezou a escribir literatura de protesta contra o racismo. En París (1954) escribiu narracións policiais ambientadas en guetos negros e creou os detectives negros Coffin Ed Johnson e Grave Digger Jones. Destaca a súa autobiografía The Primitive (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Foi o construtor do primeiro automóbil feito en Reino Unido, impulsor da investigación aeronáutica inglesa e creador dunha importante empresa automobilística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Irwell (431.100 h [1999]). A súa principal actividade é a industria téxtil algodoeira. Centro comercial na Idade Media e de importación de algodón no s XVII, converteuse na capital da industria téxtil a finais do s XVIII. O seu desenvolvemento foi un exemplo das transformacións sociais da Revolución Industrial. A súa burguesía liberal promoveu na metade do s XIX, movementos políticos e sociais. Foi, por outro lado, escenario de desordes sociais, capital do cartismo, precursora do socialismo británico e centro de movementos cooperativistas e sindicais. Despois de 1838, asumiu o título de cidade e liderou o campo das reformas sociais. Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata e o Chetham’s Hospital (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.286 km2; 2.585.700 [2000]). A capital é Manchester.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (830 km2; 182.900 h [1999]). A capital é Mandeville (39.900 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico, político e social vinculada ás actividades dun grupo de homes de negocios de Manchester, encabezado por R. Cobden e J. Bright (1840-1855). Tomaban como base a experiencia comercial, e apoiábanse na ética utilitarista e nas crenzas relixiosas das novas clases medias xurdidas da Revolución Industrial para defender un librecambismo extremo. O seu principal instrumento político foi a Anti-     -Corn Law League (1839), fundada para combater o arancel do trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Xefe supremo da frota do Pacífico durante a Segunda Guerra Mundial, foi un dos artífices da vitoria. Dirixiu o Estado Maior xeral de operacións navais de 1945 a 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway e 45 km ao L de Londres (52.505 h [1981]). Constitúe a conurbación de Medway towns coas cidades de Chatham e Gillingham. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, que se comezou cara a 604, e se reestruturou en 1077.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New York, EE UU (219.773 h [2000]). Situada á beira do río Genesee, é porto de entrada ao lago Ontario e está conectada co lago Erie. É un moderno centro industrial especializado na produción de material óptico, fotográfico e de instrumentos médicos de precisión. Constitúe un centro comercial distribuidor das granxas agropecuarias dos arredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fusil de caza ou de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola inglesa de miniaturistas, iniciada en Winchester, que se estendeu por Canterbury e varios mosteiros meridionais nos ss X e XI. Caracterízase polos trazos incisivos e audaces, pola suntuosidade da ornamentación e polo enmarcado con follas de acanto. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >A súa obra mestra é The Benedictional of St Aethelwold (963?-984).

    VER O DETALLE DO TERMO