Manchester, escola de
Manchester, escola de
Escola de pensamento económico, político e social vinculada ás actividades dun grupo de homes de negocios de Manchester, encabezado por R. Cobden e J. Bright (1840-1855). Tomaban como base a experiencia comercial, e apoiábanse na ética utilitarista e nas crenzas relixiosas das novas clases medias xurdidas da Revolución Industrial para defender un librecambismo extremo. O seu principal instrumento político foi a Anti- -Corn Law League (1839), fundada para combater o arancel do trigo.