"Churchill" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
RIOS
Río do Canadá, que atravesa as provincias de Saskatchewan e Manitoba, un dos máis longos do país. O seu nacemento pódese situar no lago La Loche. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que atravesa os lagos Peter Pond, Ile-à-la-Crosse, La Ronge, Trade, Sisipuk, Southern Indian e Northern Indian, entre outros. Desemboca na badía de Hudson, a carón do porto de Churchill, logo dun percorrido de 1.609 km e de drenar unha conca de 282.000 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral inglés. Loitou en Holanda (1671-1673) ao servizo de Carlos II de Inglaterra, e apoiou a Guillerme de Orange na revolución inglesa de 1688. A raíz da crise de sucesión española, Guillerme, xa rei de Inglaterra, nomeouno plenipotenciario seu en Holanda, onde organizou as forzas inglesas, holandesas e austríacas contra Luís XIV e venceuno en Flandres. Por esta vitoria recibiu o título de duque de Marlborough en 1702. Foi capitán xeneral das forzas inglesas e obtivo importantes vitorias, como a de Blenheim (1704), Ramaillies (1706), Oudenaarde (1708) e Malplaquet (1709).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor inglés. Fillo de Randolph H. S. Churchill. Ingresou no exército (1895) e foi correspondente de guerra para o xornal londinense Morning Post. Deputado conservador (1900), abandonou o seu partido para unirse aos liberais. Como subsecretario de estado para as colonias (1906) defendeu a Home rule irlandesa e a concesión da autonomía aos bóers. Foi ministro de Comercio (1908-1910) e do Interior (1910-1911) e primeiro lord do Almirantado (1911-1915). Posteriormente, exerceu como ministro de Municións (1917) e da Guerra (1919-1922). En 1924, en oposición ao que estaba a acontecer coa Revolución Rusa, volveu ao partido conservador. Nos anos trinta demandou con insistencia unha política de oposición ao expansionismo hitleriano. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial foi nomeado primeiro ministro (1940). No exterior, malia as súas difíciles relacións con Stalin, cooperou coa URSS cando foi atacada por Hitler e apresurouse a establecer a Grande Alianza cos...
VER O DETALLE DO TERMO