"Cibreiro" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, tres bodes de goles.
-
GALICIA
Escritora. Da súa produción destaca El cinturón traidor de Cuba y otros cuentos de invierno (1985), O vasalo da armadura de prata (1987), Arte de acecho (1990) e Feitura de lume (1994).
VER O DETALLE DO TERMO