Cudillero
Cudillero
Municipio do Principado de Asturias, á beira do Mar Cantábrico, ao O de Gijón (6.218 h [1996]). Os principais recursos económicos do municipio son o turismo e a pesca (coas actividades industriais que se derivan). Do seu patrimonio cultural cómpre destacar a capela do Humilladero, a igrexa e a casa reitoral de Soto de Luiña, antigo hospital de peregrinos, a igrexa parroquial de San Pedro (s XVI) e o conxunto palaciano dos Selgas (ss XIX-XX).