"Cigarrosa" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Mansión romana situada no lugar homónimo, no concello da Rúa, coñecida nas fontes clásicas co nome de Foro. Algúns autores identifícana coa Calubrica ou Forum Gigarrorum, oitava mansión da vía 18 de Braga a Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mosaicos atopados na Cigarrosa no lugar que ocupou o asentamento romano Calubriga dos Guigurros. O primeiro mosaico apareceu en 1896 durante as escavacións dirixidas por Marcelo Macías. Trátase dun recinto rectangular cuberto con escenas nas que se mesturan os motivos mariños e vexetais coas formas xeométricas: moluscos, axadrezados, ourizos, etc. Sobre fondo branco predominan as cores azuis, vermellas, amarelas, rosas e grises. No segundo mosaico, descuberto en 1969, represéntanse, só en parte, unha escena mariña sobre fondo branco. O acceso a ambos os dous mosaicos realizábase por medio dunha escalinata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de enxeñería romana que serviu para atravesar o río Sil entre a Rúa e Petín, no lugar onde se supón que estivo a mansión Forum Cigarrorum, na vía 18 do Itinerario Antonino. Da orixinaria ponte romana, que chegou a acadar 6,5 m de ancho, só restan os alicerces directamente fincados sobre as rochas. Durante a Idade Media debeu sufrir algunha reconstrución, xa que este itinerario volveu ter importancia para o paso dos peregrinos que se dirixían ao santuario da Virxe das Ermidas ou ben querían enlazar coa Ruta da Prata ou co Camiño Francés. En 1575 foi reconstruída polo mestre canteiro Juan de Nobeda que posiblemente lle deu o aspecto actual, con cinco arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO