Cigarrosa, mosaico da
Cigarrosa, mosaico da
Conxunto de mosaicos atopados na Cigarrosa no lugar que ocupou o asentamento romano Calubriga dos Guigurros. O primeiro mosaico apareceu en 1896 durante as escavacións dirixidas por Marcelo Macías. Trátase dun recinto rectangular cuberto con escenas nas que se mesturan os motivos mariños e vexetais coas formas xeométricas: moluscos, axadrezados, ourizos, etc. Sobre fondo branco predominan as cores azuis, vermellas, amarelas, rosas e grises. No segundo mosaico, descuberto en 1969, represéntanse, só en parte, unha escena mariña sobre fondo branco. O acceso a ambos os dous mosaicos realizábase por medio dunha escalinata.