"Circasia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • REXIÓNS

    Rexión de Rusia situada entre o Mar Negro, o val do río Kuban’ e o Gran Cáucaso. Comprende as Repúblicas dos Karachas e dos Cherkeses, a República de Adiguesia e a República dos Kabardíns e dos Balkares. De terras negras moi fértiles, a súa economía baséase principalmente na agricultura. Malia que foi conquistada polos romanos (s I a C), a súa influencia foi moi feble. No s V conquistárona os persas, e no s XVI, Timor-Lang (Tamerlán). A parte oriental quedou baixo o dominio de Crimea ata 1774, ano no que a soberanía pasou a Rusia, que obtivo o dominio total en 1825. Despois de duras campañas, Rusia conquistou a rexión occidental en 1864.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo circasiano.

    3. Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Convertidos ao Islam dende o s XVII, mantiveron enfrontamentos contra a dominación rusa ata o seu sometemento no 1864. Coa perda de boa parte do seu territorio, parte da poboación emigrou a outros lugares do Imperio Otomano (as actuais Turquía e Siria). Os circasianos están repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares (circasianos orientais ou kabardíns), de Adiguesia (circasianos occidentais ou adiguesos) e dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria. Practican a agricultura e a gandería, e destacan na confección de tecidos de la. Viven agrupados en poboados (psukho), organizados en tribos compostas de familias patriarcais e sometidos a unha estrutura de goberno complexa e estratificada, que ten como cabeza suprema o valí. A escravitude mantívose ata épocas recentes e son maioritariamente musulmáns.

    4. Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.

    VER O DETALLE DO TERMO