circasiano -na

circasiano -na

(< topónimo Circasia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo circasiano.

  3. s m [ETN]

    Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Convertidos ao Islam dende o s XVII, mantiveron enfrontamentos contra a dominación rusa ata o seu sometemento no 1864. Coa perda de boa parte do seu territorio, parte da poboación emigrou a outros lugares do Imperio Otomano (as actuais Turquía e Siria). Os circasianos están repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares (circasianos orientais ou kabardíns), de Adiguesia (circasianos occidentais ou adiguesos) e dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria. Practican a agricultura e a gandería, e destacan na confección de tecidos de la. Viven agrupados en poboados (psukho), organizados en tribos compostas de familias patriarcais e sometidos a unha estrutura de goberno complexa e estratificada, que ten como cabeza suprema o valí. A escravitude mantívose ata épocas recentes e son maioritariamente musulmáns.

  4. s m [LING]

    Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.

Palabras veciñas

Circaetus | circalitoral | Circasia | circasiano -na | Circe | circense | Circes