"Cirene" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Foi discípulo dos sofistas e de Sócrates, á morte do cal fundou a Escola Cirenaica ou Hedonista. Como os cínicos, deulle unha importancia fundamental ás cuestións morais, pero afirmou que o ben supremo do ser humano é o pracer, entendido como individual e presente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do altiplano libio e principal centro da Cirenaica, situada a 15 km da costa. Fundada arredor do 630 a C por colonos espartanos de Tera, foi o centro dunha rica rexión agrícola provedora de Grecia. Gobernada pola dinastía dos Bátidas, conquistouna Alexandre o Grande no 331 a C. Gobernada polos Ptolomeos, foi legada a Roma no 96 a C, e converteuse en provincia romana no 74 a C. A riqueza deste territorio procedía dunha agricultura cerealista unida ás froitas, ao viño e ao silphion.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cirene ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cirene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que axuda a outra nun traballo penoso, por alusión a Simón Cireneo, que segundo a tradición cristiá axudou a Cristo a levar a cruz. Ex: Portouse como un verdadeiro cireneo co irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III - IV) Senador de Cirene. Converteuse ao cristianismo ao ver o valor de san Teodoro, retirouse a Chipre e morreu na persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Coñecido como o Ateo, no libro Sobre os deuses negou a existencia deste e da mesma noción de divindade. Considerou a alegría o ben máis grande, e a tristura o mal máis grande. Declarou que o pracer e a dor son indiferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO