Cirene

Cirene

Antiga cidade do altiplano libio e principal centro da Cirenaica, situada a 15 km da costa. Fundada arredor do 630 a C por colonos espartanos de Tera, foi o centro dunha rica rexión agrícola provedora de Grecia. Gobernada pola dinastía dos Bátidas, conquistouna Alexandre o Grande no 331 a C. Gobernada polos Ptolomeos, foi legada a Roma no 96 a C, e converteuse en provincia romana no 74 a C. A riqueza deste territorio procedía dunha agricultura cerealista unida ás froitas, ao viño e ao silphion.