cirenaico -ca

cirenaico -ca

(< lat Cyrenaĭcu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Cirene ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Cirene.

  3. adx e s [FILOS]

    Aplícase ao individuo pertencente á Escola Cirenaica, unha das escolas socráticas menores, fundada por Aristipo de Cirene a finais do s IV a C. De tendencia sensualista en gnoseoloxía e partidaria do hedonismo en moral, a escola ensinaba que algo non é por natureza xusto ou inxusto. Os principais representantes foron Arete, filla de Aristipo de Cirene, e o seu fillo Aristipo o Novo, Teodoro de Cirene, chamado o Ateo, e Hexesías.

Palabras veciñas

Circus | Cirebon | Cirenaica | cirenaico -ca | Cirene | 1 cireneo -a | 2 cireneo -a