"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

    1. Relativo ou pertencente aos abacistas.

    2. Partidario do ábaco como instrumento de cálculo cando en Europa, dende o s XII, foi substituído de xeito paseniño por outros sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Figura medular do Estado Maior do Exército da Mancha durante a guerra contra Napoleón, en 1808 destacou na Batalla de Bailén. En 1809 negouse a pactar cos negociadores napoleónicos. Logo do seu retiro en Cádiz, foi nomeado Mariscal de Campo. En 1812 organizou o Exército de Galicia. Ao regresar Fernando VII ao poder (1814), foi nomeado Tenente Xeneral e Inspector das tropas destinadas a conter os procesos independentistas das colonias americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor tudense do século XVIII moi activo como retablista na diócese de Tui. Destaca a súa traza do retablo de San Vicente de Soutelo (Salceda de Caselas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En relación a un punto sobre unha recta, distancia medida coa unidade escollida dende un punto fixado anteriormente, chamado orixe, ata o punto considerado.

    2. En relación a un punto do plano, primeira das dúas coordenadas dese punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona das plantas superiores que inhibe o crecemento. Provoca o envellecemento e a abscisión das follas e induce ao adormecemento dos abrochos e das sementes. Inhibe algunhas respostas trópicas e a xerminación das sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de separar cortando.

    2. Proceso fisiolóxico de separación de dúas estruturas vexetais (follas, froitos, etc) debido á maduración ou á perda de funcionalidade, controlado pola acción de factores de crecemento como o ácido abscísico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Normativa propia dunha academia ou dun académico.

    2. Doutrina que propugna o seguimento do considerado academicamente correcto, cando menos dende o punto de vista formal.

    3. Aplicación ás obras de arte dun espírito formalista que substitúe a expresión espontánea pola corrección normativa, segundo as normas artísticas de carácter oficial que polo xeral propugnan as academias de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao academicismo.

    2. Cultivador e seguidor do academicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro asentado en Mondoñedo. No ano 1739 fixo una lámpada de prata de cinco luces para a capela Maior de Mondoñedo e varias pezas litúrxicas para o cabido catedralicio mindoniense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Teoloxía na Orde dos Agostiños de Salamanca, onde ingresara moi novo. Atribúeselle a autoría de numerosas obras e tense constancia da publicación da obra Catecismo de los misterios de la fe, con la exposición del símbolo de los santos Apóstoles e a tradución, xunto con Sáa de Miranda, dos Sermones de Francisco Fernández Galván.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a mitoloxía grega, pegureiro de Sicilia dunha gran fermosura, amado pola nereida Galatea. O cíclope Polifemo, celoso, esmagouno cun penedo. Do seu sangue nace un río ao pé do Etna. Foi un tema literario e musical moi frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Acisculus. Este nome aparece xa en Boecio co significado de ‘martelo de pedreiro’. Probablemente na súa orixe foi un alcume de profesión que despois de referirse ao oficio de canteiro pasaría a nome gremial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acisclo Manzano Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista de ascendencia británica ao servizo de Fernando IV de Nápoles que serviu nas mariñas francesa e toscana. No ano 1779 trasladouse a Nápoles, onde foi Ministro de Mariña, de Guerra, de Finanzas e Primeiro Ministro en 1785. Fracasou no intento, axudado polo Reino Unido da Gran Bretaña, de unir os estados italianos contra Francia (1793), polo que se tivo que exiliar en Sicilia (1798). Volveu ao poder pouco despois e, de acordo coa súa ideoloxía absolutista, promoveu a represión dos republicanos napolitanos do ano 1799. Exiliado de novo no 1804, torna ao poder no 1805; cando ao ano seguinte as tropas francesas napoleónicas entraron en Nápoles, trasladouse a Sicilia definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de formación neoclásica, moi influído polo romanticismo, que inicia a tradición literaria do Uruguai. Foi autor do himno nacional, do Diario del sitio de Montevideo (1842), de carácter patriótico, e de La Malambrunada (1842), poema satírico e burlesco. Influíu na produción literaria de José María Riguera Montero, escritor galego que imitou algúns dos seus versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático norteamericano fillo de John Quincy Adams. Destacou na campaña antiescravista e foi fundador do Partido Republicano. Foi embaixador en Londres (1861-1868) e representante dos EE UU na arbitraxe internacional da cuestión de Alabama (1882). Publicou Life and Works (Vida e obra, 1850-1856) de John Adams e unha parte do diario do seu pai (1874-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exiga chea de gas que serve de flotador nas feofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O agnosticismo renuncia a saber todo o que reborda os límites do noso coñecemento. O agnosticismo ten unha base científica-positiva que considera inalcanzable para o noso coñecemento alén do que a ciencia permite, non aceptando máis verdade ca a que está sustentada polo método científico e, polo tanto, están en contra da noción absoluta e de calquera metafísica construída sobre esta noción. Neste sentido, preséntase como unha doutrina exclusivamente científica ao introducir unha limitación aos seus propios obxectos de coñecemento e negar o carácter científico da metafísica. O agnosticismo abrangue todas as filosofías que sustentan que a cousa en si é inasequible para a intelixencia humana: idealismo absoluto de Berkeley, empirismo de Hume ou empiriocriticismo de Mach e Avenarius, que reducen o ser á representación do mesmo; ou o idealismo transcendental de Kant ou o positivismo de Comte e Spencer, que entenden que só podemos coñecer os fenómenos da cousa en si. O termo foi introducido por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou o retablo da capela maior da igrexa parroquial de Salta (Vimianzo) e a imaxe da Virxe situada no altar maior desa mesma igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO