"Cisneros" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Cisneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe leonesa oriúnda de Cisneros, en Palencia, e procedente do infante Paio Froila o Diácono, neto do Rei Froila II de León. Os seus descendentes foron señores da vila de Cisneros e tomaron o seu nome por apelido. En Galicia asentáronse no Pazo de Ximonde, en Vedra; no Pazo de Anzobre, en Arteixo; e en Freixeiro, Santa Comba. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo arquitectónico que se desenvolveu durante a rexencia do cardeal Cisneros (1516-1571). Caracterizouse pola combinación dos elementos decorativos platerescos e dos motivos decorativos mudéxares, como os artesoados. Os seus centros principais foron Alcalá de Henares, onde destaca o paraninfo da Universidade, e Toledo, coa construción da sala capitular da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano, marqués de Santa Lucía. Sucedeu a Céspedes como presidente da República en armas (1873-1875). En 1895 uniuse ao movemento separatista de Máximo Gómez e participou na Asemblea constituínte que proclamou a República de Cuba, da que foi novamente presidente ata 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. En 1862 emigrou a La Habana, onde iniciou a súa andaina periodística no Diario de la Marina e logo trasladouse a Saguas para dirixir La Voz de Sagua. Regresou a Galicia como profesor de instrución xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol ata 1873, ano no que emigrou de novo a América. Fundou en La Unión unha escola de ensino primario, despois ingresou como tenedor de libros na oficina de Ferrocarril central de Uruguay e fundou e dirixiu o xornal La Carta Blanca, dende o que se opuxo á ditadura militar do coronel Lorenzo Latorre, polo que tivo que fuxir de Uruguay en 1877. Posteriormente, instalouse en Bos Aires onde foi redactor do Correo Español de Buenos Aires, e en 1879 fundou o primeiro Centro Galego de América. En abril dese mesmo ano, elixírono vicepresidente do Centro e creou o semanario El Gallego. Exerceu a docencia no Instituto Mercantil e foi corrector dos xornais Sudamérica, La Unión Gallega, El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e funcionario público. Foi pintor de cámara de Isabel II. Destinado a Cuba, exerceu como contador de aduanas en Cárdenas e Sagua la Grande, como administrador en La Habana e como director do Banco de España. Reuniu unha importante colección de cunchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Jiménez de Cisneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou con Xoán González no pintado e dourado do retablo da igrexa do mosteiro de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela (1549).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político galego, conde de Ximonde. Foi presidente da Xunta Suprema do Reino de Galicia durante a Guerra da Independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado. Fundador e primeiro conde da casa de Ximonde, foi rexedor perpetuo de Santiago de Compostela e pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País desa cidade, da que sufragou os gastos da escola de debuxo. Escribiu un libro de heráldica titulado Libro que hago yo, el conde de Gimonde, onde recollía varios escudos de armas, coas súas descricións, extraídos de diversos libros e manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario cubano. Coñecido como Pedrucho, participou na ocupación de Bayamo (1868) e compuxo o actual himno nacional cubano. Foi apresado polos españois e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Formouse en Salamanca e Roma e, ao regresar a España, foi arcipreste de Uceda e recibiu a capelanía da catedral de Sigüenza en 1480. En 1484 ingresou no convento de franciscanos de Toledo, onde cambiou o seu nome, Gonzalo, polo de Francisco. Confesor desde 1492 de Isabel I a Católica, provincial dos franciscanos (1494) e arcebispo de Toledo desde 1495, impulsou a tarefa reformista para restablecer a pureza da orde de san Francisco e das ordes mendicantes e para frear as inmunidades e os privilexios do clero secular. En 1499 trasladouse a Granada, onde emprendeu unha política de conversión rápida dos mudéxares, que contribuíu a desencadear unha guerra de guerrillas en Las Alpujarras. Ao morrer a raíña (1504), converteuse na personalidade clave e moderadora nas desavinzas entre Fernando I o Católico e Filipe II de Aragón o Fermoso; ao finar este prematuramente (1506), como membro da rexencia, apurou a volta de Italia de Fernando I o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e escritor. Coñecido como Pedro de Ribadeneyra, cultivou o xénero biográfico con personaxes como santo Ignacio de Loyola e san Francisco de Borja, entre outros. Investigou sobre historia eclesiástica coa publicación Historia eclesiástica del cisma del reino de Inglaterra (1588), a teoría política, a ascética e a haxiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Foi garda mariña en Ferrol (1780) e interveu en numerosas batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendido a tenente de navío (1797), enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Loitou durante a Guerra da Independencia, ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu a Reino Unido e volveu a España tras o Pronunciamento de las Cabezas de San Juan, pero tivo que volver a exiliarse ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Sáhara Occidental que na actualidade ten o nome de Dahla. Fundada en 1885, foi capital da Rexión do Sur no Sáhara Español ata 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO