Cisneros Luces, César Augusto
Xornalista e escritor. En 1862 emigrou a La Habana, onde iniciou a súa andaina periodística no Diario de la Marina e logo trasladouse a Saguas para dirixir La Voz de Sagua. Regresou a Galicia como profesor de instrución xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol ata 1873, ano no que emigrou de novo a América. Fundou en La Unión unha escola de ensino primario, despois ingresou como tenedor de libros na oficina de Ferrocarril central de Uruguay e fundou e dirixiu o xornal La Carta Blanca, dende o que se opuxo á ditadura militar do coronel Lorenzo Latorre, polo que tivo que fuxir de Uruguay en 1877. Posteriormente, instalouse en Bos Aires onde foi redactor do Correo Español de Buenos Aires, e en 1879 fundou o primeiro Centro Galego de América. En abril dese mesmo ano, elixírono vicepresidente do Centro e creou o semanario El Gallego. Exerceu a docencia no Instituto Mercantil e foi corrector dos xornais Sudamérica, La Unión Gallega, El Pampero e Montevideo Noticioso. Publicou La insurrección del Ferrol (1872). Da súa obra poética consérvase o poema “Na ausencia”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Muros -
Deceso
Lugar : Bos Aires