"Citroën" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca de vehículos comerciais do grupo francés PSA Peugeot Citroën, formado en 1976 trala fusión das empresas Citroën (fundada en 1913) e Peugeot (fundada en 1815) e cunha factoría en Vigo (instalada en 1958). A marca, presente en 70 mercados, apostou dende un principio pola innovación, tanto no estilo como na tecnoloxía (suspensión hidráulica, telemática de embarcación, etc). Algúns dos modelos da gama son: Saxo, Xsara, Xsara Picasso, Xantia, XM, Evasión, Jumper, Jumpy, Berlingo, e C5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e industrial. Dedicado inicialmente á fabricación de engrenaxes de dentes angulares, en 1908 pasou a dirixir a fábrica de automóbiles Mors. Rematada a Primeira Guerra Mundial, decidiu transformar a súa fábrica con vistas á produción en serie dun automóbil popular. En 1919 fundou a Société Anonyme André Citroën e lanzou o primeiro modelo de 10 CV, tipo A. Foi o primeiro en aplicar en Europa os métodos de traballo en cadea e dotou o automóbil da posta en marcha eléctrica, da carrocería monopraza e de tracción dianteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e fotógrafo alemán. Destacou polas súas fotomontaxes e fotocolaxes urbanas. En 1919 uniuse ao círculo Dada de Berlín e colaborou co fotógrafo holandés Erwin Blumenfeld, de quen adoptou o procedemento de colaxes de fotografías e postais. Os seus traballos defínense pola estética urbana, tal e como amosou na variación Metrópole (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial do sector automobilístico que reúne, entre outras, as marcas Peugeot e Citroën. En 1974 Peugeot adquiriu o 38,2% de Citroën S.A, mantendo cada marca os seus propios modelos, e en 1976 Peugeot absorbeu a Citroën e formouse PSA Peugeot Citroën. En 1978 tomou o control de Chrysler Europa e en 1980 fusionouse con Talbot. Xunto coas actividades de construción e venda de automóbiles, o grupo inclúe outras actividades fóra do sector automobilístico como Banque PSA Finance e GEFCO, empresa de transporte e loxística. Ademais asinou convenios con outros construtores de automóbiles para producir conxuntamente bases de vehículos ou órganos como motores. Conta con 14 centros de produción, entre eles o de Vigo e Madrid, e 14 fábricas de mecánica e elementos de fundición. En 2003 produciu 3.309.000 vehículos, facturou 54.238 millóns de euros, vendeu 3.285.600 unidades e tiña 200.000 empregados. En 1957 Citröen instalouse en Vigo nunhas instalacións que a Zona Franca dispuña no porto....

    VER O DETALLE DO TERMO