Citroën
Citroën
Marca de vehículos comerciais do grupo francés PSA Peugeot Citroën, formado en 1976 trala fusión das empresas Citroën (fundada en 1913) e Peugeot (fundada en 1815) e cunha factoría en Vigo (instalada en 1958). A marca, presente en 70 mercados, apostou dende un principio pola innovación, tanto no estilo como na tecnoloxía (suspensión hidráulica, telemática de embarcación, etc). Algúns dos modelos da gama son: Saxo, Xsara, Xsara Picasso, Xantia, XM, Evasión, Jumper, Jumpy, Berlingo, e C5.