"Cladonia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo ou foliáceo, do que medran proliferacións erectas con ramificación arbustiva. Os apotecios son de cor vermella, parda ou amarela. A especie C. rangiferina ten un papel primordial no ecosistema da tundra, xa que chega a cubrir enormes extensións de terreo e dela dependen, nas épocas desfavorables, herbívoros como o reno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cladoniáceas.

    2. Lique da familia das cladoniáceas.

    3. Familia de liques da orde das lecanorais, de talo fomado por dúas partes: un talo primario, foliáceo, escamoso ou crustáceo; e un talo secundario, erecto, de estrutura radiada, chamado podecio, que é o portador dos apotecios.

    VER O DETALLE DO TERMO