Cladonia

Cladonia
[FUNGO]

Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo ou foliáceo, do que medran proliferacións erectas con ramificación arbustiva. Os apotecios son de cor vermella, parda ou amarela. A especie C. rangiferina ten un papel primordial no ecosistema da tundra, xa que chega a cubrir enormes extensións de terreo e dela dependen, nas épocas desfavorables, herbívoros como o reno.