cladograma
cladograma
(< clado- + -grama)
s
m
[BIOL]
Diagrama de representación das divisións en clados. Consiste nun sistema de ramificación dicotómica no que cada rama indica a posesión común de homoloxías nos taxons que a integran e a procedencia dun ancestro común. O sistema baséase na idea de que as especies se forman a un tempo e non en cambios graduais.