"Clemente VI" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Papa (1342-1352), de nome Pierre Roger. Residiu en Aviñón, cidade da que adquiriu a soberanía en 1329. No seu pontificado fixo fronte ao desastre causado pola peste negra (1348-1350) e favoreceu as artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou na catedral de Santiago de Compostela onde realizou, entre outras obras, diversos candelabros (1692), unha esclavina (1693) e unha naveta de prata (1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antipapa (1378-1394) de nome Roberto de Xenebra. Os cardeais, descontentos coa elección de Urbano VI, anulárona e elixiron no seu lugar a Roberto de Xenebra, suceso que desencadearía o Cisma de Occidente (1378-1417).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1523-1534), de nome Giulio de Medici. Nomeado cardeal polo seu curmán, o Papa León X (1513-1521), ao converterse en papa seguiu unha política vacilante entre Francisco I de Francia e Carlos V. Como consecuencia, produciuse o saqueo de Roma (1527) polas tropas imperiais, que mantiveron prisioneiro o papa durante sete meses; daquela, tivo que someterse á vontade do emperador, a quen el mesmo coroara en Boloña en 1530. A súa negativa a anular o matrimonio de Enrique VIII de Inglaterra provocou que este iniciase un proceso que levou a creación da Igrexa anglicana (1531).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antipapa (1423-1429), de nome Gil Sánchez Muñoz. Sucedeu o antipapa Benedicto XIII e estableceuse en Peñíscola. En 1429 xurou obediencia ao Papa Martiño V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1592-1605), de nome Ippolito Aldobrandini. Foi cardeal (1585) e nuncio en Polonia. Encargou unha edición revisada da Vulgata e diversas revisións do Breviario e do Misal. Seguindo unha política filofrancesa sostivo a Enrique IV fronte aos Habsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO