autocomunicación
autocomunicación
(
s
f
[LIT]
Fenómeno que, segundo Iuri M. Lotman, se produce cando un suxeito se transmite a si mesmo unha mensaxe, constituíndose ao mesmo tempo en orixe e destinatario do proceso comunicativo. Dáse, por exemplo, nas anotacións dos diarios persoais ou en aquelas producións destinadas a colectividades culturalmente definidas como parábolas, mitos ou proverbios.