autocomprensión

autocomprensión

(

s f

Concepto establecido pola hermenéutica de Heidegger para designar o acto polo que o ser se comprende e se constitúe a si mesmo. Aplicado á literatura, a autocomprensión é o proceso no que o lector, ao se enfrontar á comprensión dun texto, emprende dalgún xeito a procura de significados de si mesmo.