autocondución

autocondución

(

  1. s f [FÍS]

    Fenómeno producido nun condutor eléctrico situado nun campo magnético alterno sen estar unido ao circuíto que o orixina. O campo produce unhas forzas electromotrices sobre o condutor que son causa das correntes de Foucault no seu interior, co quecemento correspondente.

  2. s f [PSIC]

    Síntese mental que dirixe e coordina as diversas funcións elementais para conseguir unha acción harmónica adaptada aos obxectivos finais do individuo.