"Clotilde" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Arpista. Coñecida artisticamente como Esmeralda Cervantes, estudiou en Barcelona, París e Viena. Realizou unha brillante carreira como concertista por Europa e América do Sur. Fundou en Barcelona unha Academia de Ciencias, Artes e Oficios (1885-1887) dedicada á formación da muller. É autora da obra Historia del arpa (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino de orixe xermánica, latinizado en Chlotichilda (no s V), logo en Clodehildis e, de aí, as formas Chlothildis e Clothildis, compostas de hlôda ou hluda ‘célebre, famoso’ e hild ‘batalla, combate’. Este antropónimo presenta a variante Clotilda. Santa Clotilde celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa burgundia (filla de Khilperico I e sobriña de Gondebaldo). Casou co rei franco Clodoveo I e converteuno á fe cristiá. Logo de quedar viúva, fundou un mosteiro de relixiosas en Andely-sur-Seine e retirouse a Tours, onda a tumba de san Martiño. Na iconografía represéntase con coroa e cetro (símbolo da súa realeza), un escudo de armas con tres flores de lis. A súa festa celébrase o 3 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO