Clotilde, santa
Clotilde, santa
Princesa burgundia (filla de Khilperico I e sobriña de Gondebaldo). Casou co rei franco Clodoveo I e converteuno á fe cristiá. Logo de quedar viúva, fundou un mosteiro de relixiosas en Andely-sur-Seine e retirouse a Tours, onda a tumba de san Martiño. Na iconografía represéntase con coroa e cetro (símbolo da súa realeza), un escudo de armas con tres flores de lis. A súa festa celébrase o 3 de xuño.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Tours