"Cobas" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
-
ariante gráfica do apelido galego Covas.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha faixa de goles; bordo de sable, con oito besantes de ouro.
-
-
PERSOEIRO
Mestre. Promocionou libros e materiais pedagóxicos para o ensino, ao mesmo tempo que coordinaba a edición de coleccións de libros de literatura infantil e xuvenil e de libros escolares. Traduciu libros ao galego, escribiu artigos na prensa e participou na redacción de libros de texto. Publicou, entre outras obras: A voltas coa literatura pra nenos (1982), Cantando cos nenos (1985), Voa... Se podes! (1987), Autores galegos de literatura infantil (1989), Historia da literatura infantil e xuvenil galega (1989) e Acción madurativa e integradora do folclore infantil (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Realizou estudios empresariais e graduouse en Artes Aplicadas e Deseño en Santiago de Compostela. Compaxina a pintura, o debuxo e a ilustración co deseño gráfico, actividade que exerce dende 1991 na Deputación da Coruña. Expuxo como pintor na Asociación de Artistas da Coruña (1977), na Bienal Nacional de Pontevedra (1978), na Bienal Internacional de Pontevedra (1979), na Galería Sargadelos (1989) e na Galería Pardo Bazán (1990), entre outras; como ilustrador participou en Galicia solidariedade. Exposición de ilustradoras e ilustradores galegos de Literatura infantil (1994), As cores do vento (1997), na Feira Internacional do libro infantil e xuvenil de Boloña (1999), no Salón do Cómic (1999) e El Ratoncito Pérez (2000), entre outras. Entre os seus libros ilustrados de literatura infantil e xuvenil destacan A nena de auga e o príncipe de lume (1989), O país durminte (1992), Fantasía en re maior (1994), O pazo baleiro (1997), O home que...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Remeiro olímpico. Proclamouse campión de España en 12 ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de Roma 1960 na especialidade de catro con temoneiro. Unha vez retirado, converteuse en xuíz-árbitro e como tal participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma reducida incolora dalgúns colorantes derivados do trifenilmetano (verde malaquita, rosanilina, cristal violeta), coñecidos como colorantes de tina. Empréganse no tinguido do algodón. A leucobase por oxidación sobre a mesma fibra convértese no correspondente alcohol terciario (base incolora), que por escaldado, en presenza de ácido, dá a forma quinónica, descolorida.
-
GALICIA
Político e médico. Obtivo o título de mestre e foi frofesor de debuxo en Pontevedra. Posteriormente licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou o Sanatoria Médico Quirúrgico Pozas (1902) e dirixiu o hospital de Pontevedra. Pertenceu ao Partido Republicano Radical Socialista e á Unión Republicana, da que foi presidente e pola que foi elixido deputado en 1936. Ao comezo da Guerra Civil foi detido e condeado a morte e, conmutada a pena, estivo catro anos no cárcere da illa de San Simón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Dirixiu Escuela Moderna de Pontevedra cara a finais do s XIX, centro de ensino de renovación pedagóxica baixo a influencia da ILE, que pretendía o ensino integral, teórico-práctico, baseado na educación moral e relixiosa, física, intelectual e estética. Dirixiu El Grito del Pueblo.
VER O DETALLE DO TERMO