"Cochin" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Kerala, India, na parte central da Costa Malabar (564.589 h [1996]). É un centro pesqueiro e mercado agrícola, principalmente de té e copra. No sector industrial destaca a fabricación de tecidos de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de gravadores franceses. Nicolas Cochin (Troyes 1610 - París 1686) participou con Jacques Callot en A gran Paixón. Noël Cochin (Troyes 1622 - Venecia 1695) continuou a obra do seu irmán. Charles Nicolas Cochin o Vello (París 1688 - 1754) realizou gravados de Watteau e Chardin, entre outros. Charles Nicolas Cochin o Novo (París 1715 - 1790) foi protexido de Luís XV e mestre de Madame Pompadour. Os seus gravados representaron o mundo cortesán. Realizou o gravado da portada da Encyclopédie e escribiu Observacións sobre as escavacións de Herculano e a escultura dos antigos (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia do cocho.

    2. Cousa sucia ou de aspecto desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección na boca propia dos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SL de Asia, que forma parte de Vietnam (64.100 km2). Está situada entre o golfo de Tailandia e o mar da China Meridional, no delta do río Mekong. O cultivo de arroz e a pesca son as actividades económicas máis salientables. As cidades principais son Ho Chi Min (antiga Saigón), Long Xuyen, My Tho e Can Tho. Orixinariamente, pertenceu ao Imperio Khmer (actual Camboxa); este país foi conquistado a finais do s XVII e comezos do XVIII pola dinastía anamita dos Nguyen; Nguyen Anh conseguiu en 1789, coa axuda de mercenarios franceses, reunificar o antigo imperio dos Nguyen (que recibiría o nome de Vietnam). O estímulo deste soberano para favorecer a penetración da influencia europea, principalmente francesa, interrompérona os seus sucesores, sobre todo Tu Duc. A súa intransixencia cara aos católicos foi fundamental para que o imperialismo francés interviñese na Cochinchina; a súa anexión total foi ratificada no ano 1874. Convertida en colonia francesa, en 1887 integrouse dentro...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cochinchina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cochinchina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto homóptero da familia dos cóccidos. As femias son ápteras e viven, na fase adulta, fixadas ás plantas das que se alimentan. Algunhas especies chegan a ser ápodas, co corpo transformado nunha pequena cuncha de entre 1 e 10 mm de lonxitude, que presenta unha cuberta protectora de ceras e lacas excretadas polo mesmo animal. Os grupos de femias chegan a cubrir talos, follas ou froitos, e poden constituír pragas se afectan ás especies vexetais de interese para o home, como a cochinilla das laranxeiras (Pseudococcus citri). Combinan un ciclo biolóxico partenoxénico cun sexual, onde os ovos quedan protexidos polo escudo da nai que morre trala posta. Os machos adultos presentan un só par de ás e as pezas bucais atrofiadas, feito que lles impide alimentarse e, xa que logo, ter unha vida longa. Nos primeiros estadios, as larvas teñen capacidade plena de movemento, polo que é nese momento cando se realiza a dispersión. Algunhas especies críanse polo interese das súas secreccións, como...

    2. Tipo de carmín que se extrae da cochinilla da chumbeira. Nas Canarias, sobre todo en Lanzarote, prodúcese carmín de cochinilla -arredor de 60 toneladas anuais- de gran riqueza en ácido carmínico, usado en cosmética, microbioloxía e como colorante alimentario, fundamentalmente en conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría do porco que aínda mama ou que vén de deixar de mamar hai pouco tempo.

    2. Mazaroca de millo que aínda está verde e bota un líquido abrancazado semellante á cor do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corte dos porcos.

    2. Lugar abrigado que serve de refuxio para os animais ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ubre da vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrante da costa do sur de Cuba onde se produciu unha intervención militar dos EE UU o 17 de abril de 1961, encamiñada a derrocar o réxime de Fidel Castro. A operación aprobouna o Presidente Kennedy debido ao aumento da tensión entre EE UU e Cuba. A forza invasora, composta por mercenarios cubanos exiliados e coordinados pola Central Intelligence Agency (CIA), desembarcou en Playa Girón e Playa Larga (Cuba), coa pretensión de establecer unha base na que resistir e proclamar un goberno rebelde que pedise oficialmente a axuda dos EE UU. A invasión non provocou o esperado levantamento popular contra Fidel Castro, contrariamente aos informes da CIA, e Kennedy negouse a proporcionar axuda aérea dos EE UU. Despois de tres días de loita e coa poboación cubana unida ao redor de Castro, a invasión foi sufocada.

    VER O DETALLE DO TERMO