Cochinos, baía de

Cochinos, baía de

Entrante da costa do sur de Cuba onde se produciu unha intervención militar dos EE UU o 17 de abril de 1961, encamiñada a derrocar o réxime de Fidel Castro. A operación aprobouna o Presidente Kennedy debido ao aumento da tensión entre EE UU e Cuba. A forza invasora, composta por mercenarios cubanos exiliados e coordinados pola Central Intelligence Agency (CIA), desembarcou en Playa Girón e Playa Larga (Cuba), coa pretensión de establecer unha base na que resistir e proclamar un goberno rebelde que pedise oficialmente a axuda dos EE UU. A invasión non provocou o esperado levantamento popular contra Fidel Castro, contrariamente aos informes da CIA, e Kennedy negouse a proporcionar axuda aérea dos EE UU. Despois de tres días de loita e coa poboación cubana unida ao redor de Castro, a invasión foi sufocada.

Palabras veciñas

Cochinchina | cochinchinés -sa | cochinilla | Cochinos, baía de | Cochise | Cochlearia | Cochleus, Johannes