"Codorniu" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor, fillo de Juan de la Cierva y Peñafiel. Obtivo o título de enxeñeiro de camiños e de construcións aeronáuticas e o de piloto de aviación. En 1916 entrou na escola de aviación civil de Getafe (Madrid), onde se especializou nos estudios aeronáuticos como proxectista e construtor. Interesado polos problemas da sustentación aerodinámica a baixas velocidades, en 1923, despois de varios ensaios con modelos diferentes, conseguiu que o autoxiro, inventado por el mesmo, voase por vez primeira no aeródromo de Getafe. En 1925 trasladouse ao Reino Unido, onde fundou unha sociedade para o desenvolvemento do seu invento chamada The Cierva Autogiro Co. Construíu 120 prototipos diferentes con novas modificacións. En 1929 realizou o voo Londres-París, co que cruzou o Canal da Mancha. En 1934 conseguiu levantar o voo e a aterraxe vertical sen necesidade de pistas. Morreu en accidente de aviación no aeroporto de Croydon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega de Sant Sadurní d’Anoia, na comarca do Penedès (Barcelona), especializada na elaboración de cavas. É unha empresa familiar con existencia documentada desde 1551 e relacionada co apelido Raventós desde 1659. Foi en 1872 cando Josep Raventós conseguiu o primeiro viño escumoso español criado en cava. As cavas desta adega son monumento histórico nacional; conta ademais cun museo temático deseñado polo arquitecto Pris i Cadafalch e, como empresa, é a cabeza dun grupo no que se integran as marcas Rondel, Delapierre e Masiá Bach (elaboradores de cava), Raimat (adega da denominación Costers del Segre, fundada en 1918, que representa unha liña de viños de alta calidade con participación de tipos de uva importados) e Bodegas Bilbaínas (produtor de La Rioja, fundado en 1859, e titular das etiquetas Viña Zaco e Viña Pomal).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Sant Sadurní d’Anoia (1885) por Manuel Raventós i Domènech que tomou o nome de Codorniu SA. Especializouse na elaboración de viño escumoso.